martes, 20 de junio de 2017

UNHA CHARLA SOBRE ASTROFÍSICA


 O día  nove de xuño de 2017 fomos a unha charla divulgativa que se chamaba ``Pero, ¿por qué e tan difícil ser un extraterrestre?´´ a cargo de Emilio José García e Óscar Huertas.
Cando empezou a charla, Emilio comezou a falar de cousas aburridas e longas pero cun micrófono entrou na sala Óscar facéndolle a burla a Emilio;  Óscar sacouse a camisa e  tiña unha camiseta como a de súper man  pero cunha B,  empezaron a discutir porque o que Emilio dicía estaba cheo de letras e Óscar quería vídeos con debuxos. E aí empezou a guerra, déronnos unhas tarxetas (roxa e azul) que  eran para votar quen tiña razón sobre se os extraterrestres existían ou non. Eles dixeron os seus argumentos e colleron a un profesor e o converteron nun extraterrestre. Logo escolleron a uns nenos e nenas, uns para defender ao extraterrestre e outros para atacalo, pero  en vez de con asteroides con  bólas de papel e de raios cósmicos palomitas. Despois doutra charla aburrida e a mesma vez graciosa era a  hora de votar, a maioría votou a Óscar por que era o divertido e os poucos que quedaron  a Emilio por que era o que dicía o máis lóxico pero aburrido. En xeral estivo moi ben!!!

                                                                        Autoras:   Sabela e Antía de 5ºB


sábado, 17 de junio de 2017

SAÍDA A RODEIRA

O xoves, 15 de xuño de 2017, os nenos e nenas de 5º do CEIP Nazaret, fixemos unha saída a Rodeira, para estudiar os ecosistemas, principalmente o ecosistema do río Saíñas, na búsqueda de mostras como: algas, cunchas, plantas..
Tamén tivemos que encher unha ficha na que había que poñer dúas cadeas alimentarias coma: algas-muxos-gaivotas ;  herbas-caracois-paxariños.
Foi unha experiencia interesante e divertida.
                          
         Celtia  de  5ºA  e  Raúl  Brun  de  5º B

 http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d121660060k2738899o1l1/rodeira-ecosistema-junio-2017-nazaret-5

 

miércoles, 14 de junio de 2017

Visita ao Instituto María Soliño

Onte, Martes 13, fomos visitar o Instituto María Soliño, o que vai ser, para moitos de nós o próximo colexio. Estivemos vendo varias das aulas onde imos ter clase o ano que ven, e tivemos a nosa primeira clase de robótica na aula de tecnoloxía, cos alumnos/a de primeiro curso de Bacherelato.